Convócase aos membros da Xunta de Facultade a unha reunión extraordinaria, que terá lugar no Salón de actos, as 12:30 h. en primeira convocatoria e ás 12:45 en segunda, do xoves 20 de febreiro, coa seguinte
ORDE DO DÍA:
PUNTO ÚNICO: Ratificación, se procede, dos acordos da Comisión de calidade e da Comisión Redactora do título do Grao en Economía pola que se aprobaron as memorias provisionais (verificación, económica, xustificativa e resumo) do Grao en Economía para a adaptación ao RD 822/2021.
Vigo, 18 de febreiro de 2025.
A Decana